Para poder realizar as inversións previstas no 2025, a FEGAMP seleccionará un concello no que poder executar un piloto de comunidade enerxética rural, instalando a tecnoloxía necesaria, e con tal motivo ábrese un proceso de selección do concello piloto. O importe destinado para esta finalidade será duns 50.000 euros.
Requisitos de participación:
– O concello formará parte da CEL.
– A FEGAMP formará parte da CEL como socio institucional.
– Criterio de ruralidad cumplido. Zona Pouco Poboada (IGE).
– Cesión de cuberta/s para a execución (radio 2 kilómetros) e instalacións para execución do piloto.
– O concello comprométese a realizar difusión de resultados do proxecto e publicitar correctamente a cofinanciación (placas, carteis e outros métodos onde aparezan a orixe dos fondos).
– A CEL cederá os datos para o proxecto, incluindo estudos, documentación e outros para fines de investigación e desenvolvemento.
– Monitorizar como mínimo 10 puntos de consumo.
– Acceso estable a internet nos puntos de xeración e consumo a monitorizar da comunidade con contratos en vigor (wifi, fibra, 3G, 4G, 5G).
– Compromiso asinado e aprobado de participación no proxecto e aceptación de condicións.
– O proxecto reservase o dereito de modificar coeficientes de reparto da instalación así como o uso de almacenamento con fins de investigación durante o proxecto ata o 30 de xuño de 2026. Posteriormente a xestión será libre por parte da comunidade.
– Queda excluido o concello seleccionado no anterior piloto do proxecto (Xermade).
Proceso de avaliación
Definíronse unha serie de criterios obxectivos a valorar para poder analizar en que concello existen mais probabilidades de existo á hora de implantar o proxecto piloto de comunidade enerxética, tanto a nivel execución como a nivel alcance. A puntuación máxima total alcanzable no proceso é de 100 puntos.
FASE I: Avaliación mediante o cuestionario actual: “Criterios de selección de emprazamento para o segundo piloto de CEL Rural en Galicia”. Os municipios mellor clasificados, solicitaráselles documentación que xustifique cada unha das respostas deste cuestionario e avaliarase a candidatura en función da calidade da documentación. Puntuación máxima: 80 puntos
FASE II: Entrevista persoal cos 5 candidatos con maior puntuación. Puntuación máxima: 20 puntos