
OTC AMES - Oficina de Transformación Comunitaria
Oficina de Transformación Comunitaria OTC do IDAE
As Oficinas de Transformación Comunitaria (OTC) son espazos físicos ou virtuais que ofrecen información, asesoría e acompañamento a todos aqueles axentes que desexen implementar unha comunidade enerxética local.
As OTC están subvencionadas polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e teñen como obxectivo facilitar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas.
Entre as súas funcións atópanse:
Difusión
Informar á cidadanía e outros axentes sobre as comunidades enerxéticas, os seus beneficios e como crealas.
Acompañamento
Apoiar ás comunidades enerxéticas no seu proceso de constitución e funcionamento, proporcionando asistencia técnica e asesoramento.
Asesoramento
Brindar consultoría técnica, administrativa ou xurídica específica para proxectos concretos de comunidades enerxéticas. ento.
As OTC son unha ferramenta clave para a promoción das comunidades enerxéticas en España. O seu obxectivo é facilitar a participación cidadá no sector enerxético e contribuír á transición enerxética xusta e inclusiva.






