O Goberno amplía a cinco kilómetros o radio do autoconsumo enerxético

Novas oportunidades para o autoconsumo comunitario en Ames

O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto-lei que inclúe importantes medidas para impulsar a electrificación e o autoconsumo enerxético, con especial relevancia para as comunidades locais como Ames.

Principais novidades que nos afectan:

Ampliación do radio de autoconsumo: A distancia máxima entre a xeración e o consumo de enerxía ampliase de 2 a 5 kilómetros para instalacións menores de cinco megavatios. Esta medida, coñecida como “cinco por cinco”, permite maior flexibilidade para proxectos de autoconsumo comunitario.

Nova figura do xestor de autoconsumo: Introdúcese a figura do xestor de autoconsumo, que poderá actuar como representante dos participantes, facilitando as xestións administrativas necesarias para o bo funcionamento das instalacións.

Incentivos fiscais para comunidades: Habilitase aos concellos para aplicar:

  • Deducións do 50 % no Imposto de Bens Inmobles (IBI).
  • Deducións do 95 % no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).

Facilidades para climatización: Favorecese especificamente a electrificación da climatización nas comunidades de veciños/as.

Puntos de recarga para vehículos eléctricos: As acometidas dos puntos de recarga quedan exentas de autorización, sempre que non requiran evaluación de impacto ambiental.

¿ Qué significa isto para Ames?

Esta normativa abre novas posibilidades para que as comunidades, empresas e veciñanza de Ames, poidan desenvolver provectos de autoconsumo enerxético máis ambiciosos, con maior flexibilidade territorial e apoio administrativo.

Dende a Oficina de Transformación Comunitaria de Ames seguimos traballando para informar e apoiar a cidadanía no aproveitamento destas oportunidades enerxéticas sostibles.

 

 Real Decreto-ley 7/2025, de 24 de junio

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio