O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu esta mañá unha xornada aberta sobre o presente e o futuro das comunidades enerxéticas. Un espazo de encontro para reflexionar, compartir experiencias e avanzar cara unha enerxía máis sostible, local e participativa.
A xornada foi inaugurada pola subdelegada do Goberno, María Rivas, o alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Medio Natural, Javier Antelo. Tamén participaron Juan Bautista Suárez, Viceinterventor da Deputación Provincial da Coruña, Adrián Márquez, Secretario do Concello de Betanzos, Carlos Amoedo, Catedrático E.U. Dereito Administrativo na UDC, Ernesto Ares da CE Xerando, Ramón Rodríguez da CE Arousa en Transición, Antonio Malvar da CE de Buchabade, Javier Domínguez, Director de Enerxía do INEGA e María Lamelas, Técnica da Área de Proxectos da FEGAMP.
Todas as intervencións coincidiron na importancia de apoiar e impulsar as comunidades enerxéticas dende as administracións públicas.
Durante a mañá celebráronse mesas de debate sobre:
✔ O marco legal das comunidades enerxéticas
✔ A transición enerxética en Ames e o papel da OTC-Ames
✔ Experiencias inspiradoras coma Xerando, Arousa en Transición ou Buchabade
✔ Programas de axuda e financiamento público
En Ames xa se están a dar pasos firmes: creouse a asociación “Ames Solar” e xa se preparan os primeiros proxectos para instalar paneis fotovoltaicos.
A aposta é clara: enerxía limpa, participación cidadá e apoio ás familias máis vulnerables a través de bonos sociais de enerxía.
O alcalde de Ames, pechou o acto destacando a necesidade de informar, sensibilizar e poñer en valor as vantaxes destas iniciativas.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/…/00031749066932666583413…
El Correo Gallego: https://www.elcorreogallego.es/…/xornada-aberta…
Diario de Santiago: https://www.diariodesantiago.es/…/o-milladoiro-acolleu…/