
OTC AMES - Oficina de Transformación Comunitaria
Preguntas Frecuentes
Dinamarca foi pioneira no desenvolvemento de comunidades enerxéticas renovables, con cidadáns e cidadás organizándose para instalar aeroxeradores nos anos setenta. Isto marcou o inicio dun movemento que se expandiu a Alemania e Bélxica na década de 1980, impulsado pola necesidade de independencia enerxética e o crecemento das enerxías limpas.
Italia, pola súa parte, comezou a experimentar coas CER a comezos dos 2000, con iniciativas que se concretaban principalmente no norte do país. Hoxe, a Unión Europea fomenta activamente o seu desenvolvemento mediante normativas e programas de apoio, xa que xogan un papel clave na transición enerxética e a descentralización da produción de electricidade.
As Comunidades Enerxéticas Renovables (CER) en España están en plena expansión, impulsadas por políticas de transición enerxética e o interese cidadán en modelos máis sostibles.
O marco regulador evolucionou para facilitar a creación de CER, con incentivos para a xeración distribuída e o uso de enerxías renovables. Ademais, moitas comunidades están explorando novas tecnoloxías, como o almacenamento enerxético e a dixitalización para optimizar a xestión da enerxía.
- Facilitar un acceso equitativo e sinxelo a fontes de enerxía renovable e outros servizos relacionados coa enerxía e a mobilidade a nivel local.
- Maior control e responsabilidade para a auto provisión das necesidades enerxéticas da comunidade.
- Integración das enerxías renovables mediante a xestión da demanda.
- Oportunidade de inversión para a cidadanía e os negocios locais.
- Xeración de ingresos que quedan dentro da comunidade, impulsando o seu desenvolvemento económico.
- Aforro para o consumidor final.
- Creación de emprego local.
- Empoderamento cidadán na xestión do sistema enerxético, promovendo unha maior participación e transparencia.
Para que unha Comunidade Enerxética funcione de maneira efectiva e cumpra coa normativa vixente, debe cumprir con varios requisitos fundamentais:
Que sexa unha entidade xurídica que:
- Estea baseada na participación aberta e voluntaria.
- Sexa autónoma e estea efectivamente controlada por socio/as ou membros.
- Estea situada nas proximidades dos proxectos de enerxías renovables.
- Os proxectos sexan da súa propiedade e desenvoltos por ela.
- Que os socios ou membros sexan persoas física, pemes ou autoridades locais, incluídos concellos e municipios.
- Que a súa finalidade primordial sexa proporcionar beneficios ambientais, económicos ou sociais aos seus socios e socias ou ás zonas locais onde opera, en lugar de ganancias financeiras.
O Decreto 199 de 2021 establece incentivos destinados a fomentar o desenvolvemento de Comunidades Enerxéticas Renovables (CER). Grazas a estes beneficios, a enerxía consumida de maneira virtual dentro da comunidade pode xerar un retorno económico para os seus membros. Isto facilita a financiamento de infraestruturas renovables e permite que os participantes compartan as vantaxes económicas derivadas da produción e distribución de enerxía.
Por outra banda en España existen diversos incentivos para fomentar a creación e desenvolvemento de Comunidades Enerxéticas. Un dos programas mais destacados é o Programa CE Implementa, que forma parte do Plan de Recuparación, Transformación e Resiliencia e está financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.
Ademais, o instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) tamén proporciona financiamento e apoio técnico a iniciativas de Comunidades Enerxéticas, e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) ofrece subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e Comunidades Enerxéticas en Galicia.
- Instalacións fotovoltaicas para autoconsumo colectivo.
- Rehabilitación enerxética de edificios.
- Instalación de puntos de recarga par vehículos eléctricos.
- Sistemas de almacenamento de enerxía.
- Sistemas de calefacción e refrixeración eficientes.
- Proxectos de eficiencia enerxética.
- Compara colectiva de enerxía.
- Servizos de mobilidade sostible.
A diferenza entre autoconsumo colectivo e Comunidades Enerxéticas radica no seu alcance e obxectivos:
- Autoconsumo colectivo: Refírese a un grupo de consumidores que comparten a enerxía xerada por unha instalación renovable común, como paneis solares nun edificio ou barrio. O seu propósito principal é reducir custos enerxéticos e optimizar o uso da electricidade xerada.
- Comunidades enerxéticas: Son entidades organizadas que non só poden incluír autoconsumo colectivo, senón tamén outras actividades coma almacenamento enerxético, eficiencia enerxética, mobilidade sostible e participación cidadá na xestión da enerxía. O seu enfoque é máis amplío e busca a democratización do sistema enerxético.
Para constituírse formalmente como Comunidade Enerxética, é imprescindible contar cunha forma xurídica recoñécida, como unha cooperativa ou asociación. Dado que as comunidades de veciños e veciñas non teñen personalidade xurídica propia, non poden actuar como Comunidade Enerxética por si mesmas, pero si poden participar nunha como socias.
No caso dunha instalación fotovoltaica compartida, o CUPS (Código Universal de Punto de Subministro) que se asocia soe ser o da comunidade de veciños e veciñas. Sen embargo, se os veciños e veciñas desexan beneficiarse do aforro enerxético de maneira individual, cada un debe adherirse persoalmente a Comunidade Enerxética e asociar o su propio CUPS.
A repartición realízase segundo os coeficientes de repartición acordados previamente polos membros da Comunidade Enerxética, que se comunican á distribuidora eléctrica.
Estes coeficientes poden ser fixos ou dinámicos, dependendo das necesidades de cada participante.
Unha comercializadora e unha distribuidora de enerxía cumpren funcións distintas dentro do sistema eléctrico:
- Distribuidora: É a empresa encargada de transportar a electricidade desde as redes de alta tensión ata os fogares e negocios. Ocúpase do mantemento da infraestrutura eléctrica, a instalación de contadores e a calidade da subministración. Non se pode elixir a distribuidora, xa que está asignada segundo a zona xeográfica.
- Comercializadora: É a empresa coa que os consumidores contratan a subministración eléctrica. Encárgase de vender a enerxía, ofrecer tarifas e xestionar a facturación. A diferenza da distribuidora, os usuarios poden elixir libremente a súa comercializadora e cambiala cando o desexen.
En resumo, a distribuidora garante que a electricidade chegue aos consumidores, mentres que a comercializadora xestiona o contrato e a facturación do servizo.
O aforro ao instalar paneis fotovoltaicos dentro dunha comunidade enerxética en lugar de facelo de maneira individual pode ser significativo. Segundo algunhas estimacións, o aforro na factura eléctrica pode alcanzar ata un 70%.
As vantaxes económicas inclúen:
- Menor investimento inicial: Ao compartir custos de instalación e mantemento, o desembolso por veciño é menor.
- Optimización do consumo: A enerxía xerada distribúese entre os membros, reducindo a dependencia da rede eléctrica.
- Acceso a subvencións: Existen axudas específicas para comunidades enerxéticas que poden reducir aínda máis os custos.
- Compensación de excedentes: A enerxía sobrante pode venderse ou compensarse na factura, mellorando a rendibilidade.
- Información e asesoramento sobre comunidades enerxéticas.
- Acompañamento técnico en todas as fases do proxecto.
- Axuda na constitución legal da comunidade enerxética.
- Procura de financiamento e tramitación de subvencións.
- Organización de talleres e xornadas informativas.
- Estudos de viabilidade técnica e económica.
- Posta en contacto con persoas e entidades interesadas.
- Seguimento de proxectos en marcha.
- Identificación de participantes interesados: Reunir a veciño/as, empresas locais e entidades municipais interesadas.
- Estudo técnico inicial: Analizar o potencial de xeración e consumo de enerxía renovable.
- Elección da forma xurídica: Realizar os trámites necesarios para a creación da entidade.
- Constitución formal: Realizar os trámites necesarios para a creación da entidade.
- Deseño do proxecto técnico: Planificar a instalación, dimensionamiento e configuración.
- Financiamento: Buscar vías de financiamento (achegas de persoas socias, subvencións, préstamos…)
- Instalación e posta en marcha: executar a obra e conectar á rede.
- Xestión e mantemento: Administrar a produción, consumo e distribución da enerxía.






