A OTC Ames continúa o seu percorrido polas parroquias con gran éxito en Trasmonte, Lens e Agrón
A Oficina de Transformación Comunitaria de Ames celebrou onte unha nova charla informativa no Local Social de Trasmonte, dando continuidade ao seu traballo de proximidade territorial e achegando as comunidades enerxéticas á veciñanza. A xornada contou coa asistencia de aproximadamente 27 persoas pertencentes a Trasmonte, Lens e Agrón, integrantes da Xunta Directiva da CE Ames…