Novas oportunidades para o autoconsumo comunitario en Ames
O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto-lei que inclúe importantes medidas para impulsar a electrificación e o autoconsumo enerxético, con especial relevancia para as comunidades locais como Ames.
Principais novidades que nos afectan:
Ampliación do radio de autoconsumo: A distancia máxima entre a xeración e o consumo de enerxía ampliase de 2 a 5 kilómetros para instalacións menores de cinco megavatios. Esta medida, coñecida como “cinco por cinco”, permite maior flexibilidade para proxectos de autoconsumo comunitario.
Nova figura do xestor de autoconsumo: Introdúcese a figura do xestor de autoconsumo, que poderá actuar como representante dos participantes, facilitando as xestións administrativas necesarias para o bo funcionamento das instalacións.
Incentivos fiscais para comunidades: Habilitase aos concellos para aplicar:
- Deducións do 50 % no Imposto de Bens Inmobles (IBI).
- Deducións do 95 % no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).
Facilidades para climatización: Favorecese especificamente a electrificación da climatización nas comunidades de veciños/as.
Puntos de recarga para vehículos eléctricos: As acometidas dos puntos de recarga quedan exentas de autorización, sempre que non requiran evaluación de impacto ambiental.
¿ Qué significa isto para Ames?
Esta normativa abre novas posibilidades para que as comunidades, empresas e veciñanza de Ames, poidan desenvolver provectos de autoconsumo enerxético máis ambiciosos, con maior flexibilidade territorial e apoio administrativo.
Dende a Oficina de Transformación Comunitaria de Ames seguimos traballando para informar e apoiar a cidadanía no aproveitamento destas oportunidades enerxéticas sostibles.