Descobre o futuro da enerxía comunitaria
A Oficina de Transformación Comunitaria de Ames convídate a participar nunha experiencia única para coñecer e aprender de primeira man como funciona unha comunidade enerxética.
Detalles da viaxe
- Data: Sábado 7 de xuño
- Hora de saída: 9:30 h desde a Praza do Concello de Ames
- Hora de regreso ó punto de partida: 14:00 h
- Prezo: Gratuíto
- Transporte: Autobús (incluído)
Qué é a “Ruta Enerxética”?
A Comunidade Enerxética Arousa en Transición ábrenos as súas portas para mostrarnos como están a levar a cabo o seu proxecto de transición enerxética comunitaria. Unha oportunidade única para:
- Coñecer modelos reais de autoabastecemento enerxético. Visita guiada ás instalacións do proxecto piloto MareLuz. 1
- Descubrir como a participación cidadá pode transformar o modelo.
- Intercambiar experiencias con outros municipios comprometidos coa sustentabilidade
Data límite de inscrición: xoves 5 de xuño.
Úneste á transición enerxética? Esperamos verte no autobús!