A Oficina de Transformación Comunitaria de Ames reforza o seu traballo territorial con charlas nas parroquias do concello

Durante a semana do 15 ao 17 de xullo, a Oficina de Transformación Comunitaria de Ames levou a cabo una serie de charlas informativas en diferentes parroquias do municipio, co obxectivo de acercar o proxecto a cidadanía e fomentar a participación veciñal nos procesos de transformación local.

Un recorrido polo territorio

As xornadas informativas comezaron o martes 15 de xullo ás 19:00 horas en Biduído, onde os veciños e veciñas puideron coñecer de primeira man os obxectivos e liñas de traballo da oficina, ás comunidades enerxéticas e a Comunidade Enerxética Ames Solar.

O día seguinte mércores 16 de xullo ás 12:00 horas, o equipo desprazouse ata Ortoño para continuar con esta rolda de encontros veciñais.

A serie de charlas dista semana concluíu o xoves 17 de xullo ás 20:00 horas en Bugallido, pechando así unha semana intensa de traballo territorial e contacto directo coa cidadanía destas parroquias.

As respostas das comunidades locais foron moi positivas, mostrando gran interese polas iniciativas propostas.

Participación e diálogo cidadán

Estas charlas informativas forman parte da estratexia de proximidade da Oficina de Transformación Comunitaria de Ames, que aposta por chegar directamente a todos recunchos do municipio para garantir que ningún veciño ou veciña quede ao marxe dos procesos participativos.

Durante os encontros, presentáronse as diferentes liñas de actuación da oficina e recolléronse as inquietudes, propostas e necesidades específicas de cada parroquia, información que será clave para o deseño das futuras iniciativas adaptadas ás características de cada territorio..

Próximas accións

A Oficina de Transformación Comunitaria continuará có seu traballo de proximidade nas próximas semanas. A seguinte charla informativa terá lugar na parroquia de Transmonte, onde se espera continuar con este frutífero diálogo coa cidadanía.

O equipo seguirá chegando a outras parroquias do municipio e mantendo abertos os canles de participación cidadá en todos os territorios.

A veciñanza e pemes interesadas en participar nos procesos de transformación comunitaria poden contactar coa oficina a través das diferentes canles que poden ver no apartado contacto de esta páxina web, así como tamén podes seguir as novidades a través de esta mesma páxina.

A túa experiencia como veciño ou veciña é fundamental para nós. Acompáñanos nas charlas e convertamos xuntos as ideas en accións concretas para o noso municipio.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio