A Comisión Europea ha presentado unha proposta para modificar a aprobación da avaliación do plan de recuperación e resiliencia para España, en liña co Tratado de Funcionamento da Unión Europea e o Regulamento (UE) 2021/241. Esta proposta busca actualizar a contribución financeira máxima para o apoio financeiro non reembolsable a cada Estado membro.
Este plan, agora valorado en 163.000 millóns de euros, abarca 111 reformas e 142 investimentos. As modificacións responden a desafíos como a inflación e as perturbacións polo conflito Rusia-Ucraína. Destacan avances na transición ecolóxica, fortalecemento dixital e resiliencia social, con 30 novas medidas centradas na acción climática. Espérase a aprobación do Consello da Unión Europea para desbloquear 1.400 millóns de euros en prefinanciación e avanzar na implementación.
Os puntos para destacar do plan son:
- Aprobación da Comisión Europea: a Comisión Europea ha aprobado o Plan de Recuperación e Resiliencia (PRR) Modificado de España, que inclúe un capítulo dedicado a REPowerEU, cun orzamento total de 163.000 millóns de euros.
- Circunstancias modificativas: as modificacións responden a circunstancias obxectivas, como a inflación de 2022 e 2023, así como as perturbacións causadas polo conflito entre Rusia e Ucraína.
- Recursos adicionais: España solicita 83.000 millóns de euros en préstamos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), aumenta a súa asignación máxima de subvencións do MRR e transfire 58 millóns de euros da Reserva de Adaptación ao Brexit.
- Enfoque en transición ecolóxica: incorpóranse 30 novas medidas para avanzar na transición ecolóxica, apoiando comunidades enerxéticas e promovendo proxectos de enerxía renovable. Axilízanse os procesos de autorización para fontes de enerxía limpas.
- Investimentos estratéxicos: o plan amplía obxectivos dixitais con 18 novas medidas, incluíndo investimentos en tecnoloxías dixitais avanzadas, apoio a empresas emerxentes e fortalecemento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico.
- Dimensión social e dixitalización: refórzase a dimensión social do plan, promóvese a dixitalización na xestión da auga e a administración pública, contémplanse investimentos adicionais en ciberseguridade e apóiase a empresas tecnolóxicas emerxentes.
A proposta de modificación da Decisión de Execución do Consello para o plan de recuperación e resiliencia de España fundaméntase nas solicitudes e xustificacións presentadas por España, en concordancia coa normativa vixente. Destácase a necesidade de corrixir erros de redacción e de axustar a distribución de fitos e obxectivos para reflectir as modificacións realizadas no plan.
Más información no seguinte enlace.